Art & Design

jueves, 7 de agosto de 2008

Player guitar & composer




MIGUEL MELERO


Player Guitar & Composer











Miguel Melero





Miguel y Kevin (Immaculate Fools)


Foto: Marcos López




MELERO&AL Quartet



(Miguel Melero e Alfonso Lamas)

Traxectoria Musical (+ ou -)

MELERO & AL Quartet é un proxecto musical de dous antigos compañeiros do grupo musical ABSTURA. Grupo musical que escomenzou alá polo ano 1984 no Ferrol coma un proxecto pop inicialmente baseado nas composicións do guitarrista MIGUEL MELERO . ALFONSO LAMAS tocaba o baixo, FERNANDO de Ordes a batería, CELESTINO de Xubia os teclados e XOAN FIDALGO (O fillo de Fidalgo, un enorme-por tamaño-baixista, traballador da Bazán que aproveitaba as verbenas –as actuacións- para botar un sono.) cantaba.

Posteriormente a idea de ABSTURA trocóuse nun conxunto ben armado pero dirixido cara ó baile nas principais salas de festas de Galicia.

Mentres, MELERO, despois de abandonar ABSTURA seguiu na formación de LOS PLATINOS, mítica orquestra de baile da Coruña, recurso de traballo socorrido e certamente divertido para a financiación dos estudos universitarios. MELERO achégase a grupos popeiros de Ferrol coma LOS FATICOS con quen ten a ben de grabar algunha canción do seu disco. Grupo que posteriormente convertiríase en CUADROS MALVENDIDOS.

MIGUEL MELERO segue coa súa vena folk e participa coma membro activo da formación ferrolá OS PRIORIÑOS, grupo de música tradicional galega mosca dun día que desenvolveu a súa principal actuación no derrubado e espectacular Gran Teatro de Lugo no primeiro e derradeiro festival de música popular. Gran actuación e gran afluencia de xentes onde destacaron os incondicionais berros das primas de TOM (Compoñente guaperas dos PRIORIÑOS), mulleres da Terra Chá con forte enerxía galega. Un trofeo acredita o éxito da actuación.

MIGUEL MELERO E ALFONSO LAMAS, co cerebro cheo de boas ideas pero coa necesidade universal de obter recursos para vivir, deixan a militancia musical para adicárense ás actividades propias das persoas de ben.

A enerxía artística de MIGUEL MELERO nestes numerosos anos escrébese máis nos lenzos e papeis que nas partituras, traballando dabondo na pintura de brocha fina e actividades anexas á pintura, realizando numerosas exposicións tanto individuais coma colectivas en parte do mundo coñecido.

Na primavera do ano 2008, MELERO E LAMAS, LAMAS E MELERO atópanse na rúa, na beira do parque de Vioño, na Coruña (LAMAS é veciño desa cidade e MELERO do concello de Culleredo) e ALFONSO LAMAS, home nostálxico daqueles anos musicais fala con MELERO acerca dos seus traballos caseiros coas cancións do ano 84 do século pasado (¡Qué bonito!) e sin que MELERO opoña a mínima resistencia. Ó contrario. O revivir da música fai que, de súpeto aflore á superficie toda a enerxía musical destes dous elementos. Tecnoloxía ó servizo da música e/ou música ó servizo da tecnoloxía.

Sen embargo, a vena pop vai trocando cara a músicas mais mundiais, froito das andanzas internacionais e frecuentes escoitas de músicas do mundo. Deste modo, prepáranse temas durmidos ata isa data que cobran unha enerxía e vida interpretada. Temas como SAND CASTLES (I e II), OCTUBRE 2008, LOCO SWING e mesmo a propia MUIÑEIRA DE SAN ANTONIO DE CORVEIRO, composición e sentimento concebido nesa única e magnífica paraxe cedeiresa por MM no ano 2002 e producida xa agora no nadal de 2008. Armonías que escomenzan a nacer nas ondas das emisoras de radio e nos corazóns das xentes de todo o mundo grazas á maxia de Internet.

Escoita algunhas cancións na www.myspace.com/meleroal



www.myspace.com/meleroal


http://www.youtube.com/)


Serie árbores

Serie árbores
Arbores 000002. Acrílico/lienzo. 60x60. 2007